Las reformas administrativas de la crisis
/ Mariano López Benítez, Jesús Ángel Fuentetaja Pastor, Sonia Rodríguez-Campos González, directores ; Ramón Parada Vázquez ... [et al.].
- 1ª ed.
- Cizur Menor (Navarra) : Aranzadi , 2017
- 349 p. ; 24 cm
- Estudios (Aranzadi) .
Inclúe referencias bibliográficas
O presente libro analiza os principais cambios que nos últimos anos leváronse a cabo no réxime xurídico das Administracións Públicas en España. Trátase dunha reflexión académica de gran envergadura pola calidade dos participantes e polo interese e actualidade dos temas que se estudan: dende a reforma do Estado e a reforma administrativa ata a reforma local de 2013, pasando pola lei de unidade de mercado, a reestruturación da Administración do Estado e das Administracións autonómicas, o principio de sustentabilidade das Administracións Públicas, a lei de transparencia, as medidas adoptadas en relación co emprego público ou a nova lexislación do procedemento administrativo común. Todas estas reformas do sector público viñan causadas e propiciadas por unha crise económica que obrigaba a emprender cambios nas nosas Administracións Públicas, afectando en última instancia a elementos básicos do seu réxime xurídico e conformando un peculiar e novo Dereito Administrativo tanto nos seus principios básicos como nas técnicas que articulan a organización do poder público e as relacións deste cos cidadáns.
978-84-9135-553-3
Dereito administrativo--España Reforma administrativa